O día 24 de cada mes non é unha data moi significativa na historia da humanidade se a comparamos con outras, aínda así: o 24 de febreiro de 1971 naceu Pedro Martínez de la Rosa, o 24 de xuño celébrase o San Xoán e o 24 de decembro é a Noiteboa. O acontecemento máis destacable, que sobresae por méritos propios, é que El pastor de árboles DEBERÍA publicar a súa entrada mensual.
Unha multitude exacerbada agarda impaciente a nova entrada coma unha muller á espera da eliminación periódica da caduca do endiometrio uterino con fluxo sanguíneo .
Beeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeh! Só debería quedar un par de semanas, pero dame que o rebaño vai seguir á espera do seu pastor... ¿Será, este mes, o rexurdir do pastor?